Alta ou renovación

 

Prezado amigo/a:

A Xunta Directiva da Anpa “As Brañas” de Ventín dáche a benvida neste novo curso 2019/2010.

Como socio/socia tes dereito a:

- Participación nas asembleas

- Praza preferente nas actividades extraescolares e tarifa reducida, nas mesmas.

- Descontos nos establecementos asociados

 

Todos sodes benvidos dentro da ANPA e animámosvos a asociarvos canto antes se non o tedes feito xa. Agora é moi sinxelo, e podedes facelo directamente dende a casa:

 

 

A partir de agora disporedes de carnés dixitais de socio que tedes que ter recibido durante o domingo 20 de Outubro de 2019 no email que indicastes no formulario de inscripción. No caso de non telo recibido revisade o spam, e senón o atopades posiblemente haxa un problema cos vosos datos. Nese caso  usade o formulario anterior para actualizalos.


A vosa participación activa é moi importante para que así, entre todos, poidamos construír a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas.