Ideas para Familias para a crise do Coronavirus

Ideas para familias

Sabemos que estes son momentos difíciles para as familias por mor da crise do coronavirus e por iso dende a ANPA imos tratar de axudarvos en todo o que poidamos. 

Como unha das primeiras dúbidas que se vos plantexará a partir de hoxe é como organizarvos para levar o mellor posible estas semanas coas vosas crianzas, pois ocorréusenos que unha forma de axudarvos era ir recollendo as distintas propostas que nos vaian chegando de actividades para facer na casa cos nosos fillos e fillas.

De modo que así teñades un lugar de referencia onde poder buscar ideas durante esta tempada de aillamento.

Por iso se tedes algunha idea ou proposta que credes que pode ser útil a outras familias non dubidedes en enviárnosla ou por email ou a través dos formularios.

Aquí van as ideas que temos ata o momento e que iremos actualizando coas vosas propostas.

 

Videoconferencias e Chamadas

Como sabedes o aillamento é especialmente estricto para as crianzas, xa que no caso dos maiores contémplase algunhas excepcións para que poidamos saír de forma individual por exemplo a mercar comida, o pan, ou ir a farmacia. Sen embargo as crianzas deben permanecer na casa, e estarán durante estas semanas fora do contacto cos seus compañeiros e compañeiras.

Por iso, para evitar que as crianzas se sintan totalmente ailladas e perdan o contacto con persoas da súa idade durante estas semanas, podedes usar ferramentas de videoconferencia (skype, hangouts, whatsapp, telegram, etc.) ou simplemente o teléfono para que poidan comunicarse con outros copañeiros e compañeiras. O bo das ferramentas de videoconferencia é que poderán tamén ver aos seus compañeiros e compañeiras e incluso poden xogar e colaborar xuntos de forma remota.

 

Xestos que podemos facer cada día en Familia

  • Tódolos días ás 20:00 podedes participar no aplauso para agradecer ao persoal sanitario a labor que están a realizar. Inicalmente era ás 22:00 pero adiantouse ás 20:00 para que poidan participar as crianzas. É unha maneira moi boa de rematar o día coas crianzas que o pasan fenomenal nesta actividade en en grupo onde ademais transmitimos o noso agradecemento a todo o persoal sanitario.
  • Cada día nalgunhas rúas espontáneamente algun veciño pon música e faise unha festa improvisada na que o resto de veciños e veciñas saen ás ventás e balcóns a cantar e bailar. Cremos que esta é unha maneira de desconectar momentáneamente da rutina diaria e na que as crianzas, en certo modo, se sinten como se puidesen saír da casa.
  • Outra iniciativa de grupo na que vos animamos a participar é decorar diariamente ás ventás cos debuxos e murais feitos polas vosas crianzas durante o día de modo que sexan visibles dende outras casas e así cada día teñan a opción de explorar as outras ventás e ver o que fan os seus compañeiros e compañeiras de rúa.
  • Tamén lembrade facer tódolos días exercicio coas crianzas: é moi divertido xuntarse todos e facer unha sesión de entrenamento con música (podedes usar algunhas xa existentes en youtube ou ser creativos e facer a vosa propia rutina) ou xogos nos que nos movamos todos.

 

Recursos Educativos

  • Lembrade que dende a escola están subindo as propostas de actividades ao blog da escola: http://axaneladeventin.blogspot.com/
  • Os alumnos e alumnas de 5º contan con Edixgal.
  • O resto de cursos podedes sacar partido aos recursos dixitais que se facilitan cos libros libros de texto.
  • No espazo Abalar facilitan material específico para cada curso: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/espazo/recursos?id=2&n=6
  • Na plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas podedes emprestar libros: https://www.galiciale.gal/
  • Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro para ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19: http://aulasgalegas.org/
  • Nesta páxina podedes atopar un montón de recursos, é especialmente interesante a posibilidade de ter acceso aos libros de texto das distintas editoriais: http://www.ceiploreto.es/
  • En PantallasAmigas podemos atopar material para concienciar tanto ás crianzas como nos mesmos sobre o uso seguro e saudable de internet, redes sociais, móbiles e videoxogos: https://www.pantallasamigas.net/
  • Navegando Internet Seguro é unha iniciativa do FBI con actividades interactivas por nivel de idade para concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia de usar internet de forma segura: https://sos.fbi.gov/es/ (temporalmente precísase dunha VPN para poder acceder).
  • Na teatrotreca do Centro Documental de Teatro del Ministerio de Cultura hai grabacións de representacións teatrais que se poden ver online: http://teatroteca.teatro.es/opac/#resultados
  • Contacontos gratis tódolos días ás 11: https://flip.it/-icmV9
  • Clan lanza este luns 16 de marzo Educlan, unha ferramenta educativa con contidos audiovisuais para nenos e nenas de 4 a 10 anos. As familias poderán atopar vídeos sobre as principais áreas curriculares: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Lengua, Lóxica e Matemáticas, Artística, Idiomas, Educación, Física, Tecnoloxías ou Convivencia. https://www.rtve.es/educlan/
  • Academons Primaria: a App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratis a todo o su catálogo de xogos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias y Science  http://bit.ly/Academons_Gratis
  • Ta-tum: ofrece acceso gratuito ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura  http://bit.ly/Edelvives_Tatum
  • Smartick: ofrece acceso 15 días gratis á súa App para repasar matemáticas.  http://bit.ly/Smartick_15
  • AMCO: Acceso gratis aos xogos de Mates e Lengua da súa App Eduzland   https://amconews.es/eduzland/
  • Smile and Learn: esta App para los más pequeños de la casa está ofreciendo acceso gratuito durante un mes a su catálogo de juegos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn
  • M.A.R.S.: ofrece códigos de desconto descuento para acceder aos contidos de 3º a 6º de Primaria.  https://mars.apprender.sm/
  • Cerebriti Edu: acceso gratis ata fin de curso aos seus xogos de Primaria e Secundaria  http://bit.ly/Cerebriti_Edu
  • Matiflic: moi boa aplicación para facer actividades interactivas de matemáticas, ofrece un período de proba gratuito de 60 días https://www.matific.com/

 

Museos Virtuais

 

Xogos con nenos dentro da casa

70 Ideas de xogos en familia na casa