11 de Xuño de 2011

NECESIDADE DUN C.E.I.P. NO MILLADORIO

Recollida de sinaturas

Como é sabido por todos, O Milladoiro, nos últimos 8 anos experimentou un incremento poboacional moi importante que non se corresponde co aumento de servizos por parte do Concello.

Temos unha das tasas de natalidade máis alta de toda España pero non temos suficientes prazas nas garderías nin nos centros de Educación Infantil e Primaria para os noso nenos/as. Presenciamos día tras día a lenta e faraónica contrucción dun instituto que se leva pedindo dende hai mais de 10 anos e que cada vez se retrasa mais.

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia non nos dá unha resposta concreta ás nosas peticións e soluciónao recolocando aos nosos fillos e fillas noutros centros dos concellos veciños, onde non temos nin a mesma calidade, nin a mesma cantidade de servizos, e o seu custe é superior.

URXE UN NOVO C.E.I.P NO MILLADORIO

Necesitamos con urxencia un novo COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA NO MILLADOIRO, e querémolo xa; por escrito, con datas, prazos de execución, proxecto e planificación.

Que non sexa unha solución a curto prazo, senón que poida pensarse nel como unha infraestrutura viable e con miras a un medio e longo prazo. Non queremos charlas amenas e diplomáticas onde o Conselleiro se amose condescendiente coas familias, pero non de solucións. Non queremos que se fagan parches aos colexios existentes para remediar o mal a moi curto plazo. Todas estas solucións, merman a calidade da educación dos nosos fillos e fillas.

Non queremos solucións improvisadas que co tempo supoñen un esforzo económico máis alto ca facer as cousas ben. Necesitamos ter constancia por escrito dun compromiso claro e firme onde se nos digan PLANS, PROXECTOS, PRAZOS DE EXECUCIÓN, que se nos informe de forma permanente das medidas que se están a tomar.

Curso tras curso vemos con preocupación e incerteza o que nos tocará pasar para poder escolarizar aos nosos fillos e fillas. Algo que é un dereito básico,coa insuficiencia de prazas que padecemos, convértese no pesadelo de moitos pais e nais que vemos como os nosos fillos e fillas son enviados a outros centros alonxados das nosas preferencias e incluso a outros concellos.

Esperamos unha resposta onde se nos explique que solución se vai dar a este problema e unha pequena pero clara manifestación de que desexades tanto como nós rematar definitivamente con esta situación á maior brevidade posible.

Please publish modules in offcanvas position.