MATRÍCULA

Folla de matrícula actividades 2019/2020

Folla de renovación actividades 2019/2020

Follas de autorizacións

 

Programa de actividades subvencionado por:

 

CONDICIÓNS

1. As actividades estenderanse dende o 11 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020.
2. No caso de que nalgunha actividade o número de solicitudes sexa maior que o de prazas farase un sorteo público. Terán preferencia: 1º os matriculados no curso anterior, 2º os socios e 3º os non socios.
3. Os horarios e grupos das actividades serán definitivos en canto se alcance un número mínimo de 10 nenos nas mesmas.
4. A matrícula deberá formalizarse entre o 12 de xuño e o 21 de xuño (antes das 14:30h).
5. Crearase unha lista de agarda para alumnos que queden sen praza. Así mesmo, ao longo do curso tamén se admitirán novas solicitudes, sempre que haxa vacantes.
6. Para darse de baixa da actividade deberase avisar antes do día 20 do mes anterior ao que se quere causar baixa, sempre por escrito no buzón da ANPA ou por correo-e.
7. Os/as usuarios do comedor serán entregados polos monitores aos profesores das actividades que se desenvolven no centro, sempre e cando os pais/titores do rapaz asinen a autorización correspondente.
8. Ao remate das actividades, cada rapaz será recollido polos seus titores ou as persoas autorizadas por eles; de non ser así, o/a neno/a será entregado á autoridade competente. No caso de reincidir en 3 ocasións sen xustificación o/a neno/a será expulsado da actividade.
9. Será condición indispensable a domiciliación bancaria do pago das actividades para poder matricularse.
10. Non se atenderá ningunha solicitude que non estea totalmente cuberta.
11. Os gastos derivados da devolución dun recibo por parte da entidade bancaria correrán por conta do alumno/a.
12. O feito de non pagar unha mensualidade da actividade será causa de expulsión da mesma.
13. Non se admitirán solicitudes de persoas que non estean ao corrente nos pagamentos á Anpa.
14.*Para a actividade de patinaxe será obrigatorio usar patíns con rodas de parqué, xa que a actividade será no pabellón deportivo do colexio.
O alumno que non cumpla esta condición non poderá realizar a actividade.
15. A cota mensual cobrarase nos primeiros 5 días do mes en curso.