Folga do profesorado

Este xoves, 12 de decembro, está convocada unha folga do profesorado galego de primaria e secundaria para recuperar o horario lectivo que fora modificado no ano 2012 coa escusa da crise económica. Deste modo solicítase que, no caso de primaria, se pase de novo a 21 horas lectivas, en vez das actuais 25.

Como ven sendo habitual, cando a crise "pasou", os recortes non se devolveron, e continuamos a ter os mesmos ratios masificados, as mesmas dotacións compartidas en orientación e apoio, e a mesma infradotación orzamentaria nos centros, etc.

Obviamente, dende a ANPA apoiamos as peticións do profesorado, así como todas aquelas iniciativas que teñen por obxectivo a mellora do ensino público.

Please publish modules in offcanvas position.