Milladoiro, 9 de novembro de 2019

Estimados socios, informámosvos que tedes dispoñible no voso correo un resumo das actividades realizadas pola ANPA no último mes, esperamos que sexa do voso agrado.

E como na ANPA traballamos para todas e cada unha das familias, para os que non sodes socios queremos que sepades que agora mesmo un dos temas nos que estamos traballando e as problemáticas relativas o servizo de comedor entre elas a falta de información do que comen os nenos xa que se sustituiu o uso de axendas por unha aplicación móvil que non se usa axeitadamente, queixas de falta tempo para que os nenos laven os dentes, recibos atrasados .....

Sabemos que sodes moitos os pais que estades preocupados por estas cuestións, sexan ou non os vosos fillos usuarios do servizo (recordade que maña pódevos facer falta a vos), por iso pedimosvos que nos axudedes a demostrar que existe preocupación por este tema e que somos moitas as familias afectadas.
Para iso preparamos un formulario específico para este tema donde podedes deixar constancia da vosa opinión, con isto pretendemos reforzar as nosas peticións con datos.

http://bit.ly/satisfaccion-comedor

Aproveitamos para recordavos que somos conscientes que hay moitas mais problemáticas pero non sempre podemos coñecer o alcance real en canto a preocupación que realmente suscita ou non un tema, para iso temos habilitados os formularios de queixas, consultas e propostas na web da ANPA na sección escoitámoste.

Animádevos a compartir deste xeito as vosas inquedanzas, entre todos intentaremos conseguir as melloras necesarias no centro e nos servizos vinculados.

docs.google.com
 
Dende a ANPA As Brañas do CEP Ventín, veñense recibindo queixas de distintos aspectos do servizo de comedor. O pasado mes xa solicitamos por escrito ao Concello medidas para solucionar os problemas coa nova aplicación que substitúe as

Exposición cabazas Samaín 2019-2020

Xa está todo listo para a exposición das cabazas de Samaín. Moitas grazas a todos os voluntarios e voluntarias!

Podedes ver que ben quedou a exposición no noso facebook

Exposición de cabazas

Colaboracións para a exposición de cabazas do Samaín

Estimadas familias,

Como xa sabedes cada ano os nenos e nenas da escola coa axuda das súas familias preparan fabulosas cabazas de Samaín. Tódolos anos estas cabazas acaban tirándose sen que poidan ser contempladas polas familias.

Realmente é unha mágoa, e por iso este ano en colaboración coa Escola e co Concello estamos a organizar unha exposición con todas estas cabazas de Samaín en distintos lugares de Milladoiro para que poida ser disfrutado por todas as familias e tamén polo resto da xente que vive en Milladoiro.

Cremos que esta é unha oportunidade de achegar o que se fai na escola de Ventín a todas as familias que vivimos en Milladoiro.

Para levar a cabo esta actividade precisamos da vosa axuda para poder trasladar todas a cabazas o mércores día 30 ás 14:30 (precisamos tanto xente para axudar a cargar e descargar como para o transporte, se alguén dispón de furgoneta ou similar seríanos de moita axuda).

Podedes indicarnos a vosa dispoñibilidade así como o que opinades da actividade a través do seguinte formulario:

http://bit.ly/eu-colaboro-co-samain

Únete e colabora!

PD: Darémosvos máis detalles sobre a exposición durante a próxima semana cando teñamos o número exacto de cabazas e todos os lugares dispoñibles, polo momento están confirmados a Casa da Cultura e a Biblioteca.

Envío dos carnets de socios


Estamos a enviar vía email o carnet de socio da asociación, se non o tendes en recibidos mirade en spam e se ainda así alí non está significará que temos mal o voso correo electrónico, entón teredes que ir a páxina web da Anpa e ir a formularios e indicarnos o correo correcto. Calquera dúbida so tendes que comunicarvos con nos que atentamente intentaremos resolve-las.saudos.

 

Milladoiro, 21 de outubro de 2019

Estimadas familias:

Dende a nova Xunta Directiva, actualmente en proceso de constitución, queremos aproveitar para presentarnos a todas as familias que formades parte da nosa escola e poñernos á vosa disposición para resolver todas as vosas inquietudes.

 

Como ben sabedes a ANPA é unha parte fundamental do funcionamento da escola xa que permite canalizar a intervención das familias no centro, garantir o dereito á información, e organizar actividades participativas. 

 

Queremos impulsar a participación, a transparencia e a toma de decisións democráticas, e por iso nestas dúas semanas consensuamos unha proposta organizativa que vos permitirá saber como imos a traballar:

 

 

Queremos fomentar a participación de tódolos socios na toma de decisións mediante votacións electrónicas, así como facilitar que poidades trasladarnos todas as vosas propostas e axudar a lograr realizar ás que estean pendentes porque cremos firmemente que a ANPA somos todos. 

 

Queremos establecer unha comunicación constante con vos e por iso agradecemos que nos enviedes todas as vosas propostas (porque sabemos que tedes moitas ideas), consultas (porque ningún sabemos todo) e queixas (porque sabemos que non todo é perfecto) a través dos seguintes formularios ( tamén podes atopalos na sección Escoitamoste ):

 

Queremos impulsar a transparencia, co obxectivo de que esteades informados en todo momento de todo o relacionado coa escola, así como das actividades que esteamos levando a cabo. Queremos que saibades que non estamos parados, e proximamente iredes recibindo información puntual sobre as actuacións que estamos levando a cabo.

 

Todos sodes benvidos dentro da ANPA e animámosvos a asociarvos canto antes se non o tedes feito xa. Agora é moi sinxelo, e podedes facelo directamente dende a casa:

 

 

A partir de agora disporedes de carnés dixitais de socio que tedes que ter recibido durante o domingo no email. No caso de non telo recibido revisade o spam, e senón o atopades posiblemente haxa un problema cos vosos datos. Nese caso  usade o formulario anterior para actualizalos.

 

A vosa participación activa é moi importante para que así, entre todos, poidamos construír a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas.

 

Un cordial saúdo,

A Xunta Directiva da ANPA

Please publish modules in offcanvas position.