ÚLTIMAS NOVAS
ALTA DE SOCIO/A
Estimadas familias,
Xa podedes darvos de alta como socios/as para o curso 2020/2021. Todo o proceso é electrónico, aquí tedes toda a información:
http://www.anpaasbrañas.es/index.php/alta-ou-renovacion
Agora máis ca nunca precisamosvos!
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Estimados socios e socias,
Á vista dos resultados da enquisa queda convocada a Asemblea para o próximo xoves 3 de setembro ás 17:00 que foi a opción máis votada.
A orde do día centrarase en falar da volta á escola.
A Asemblea realizarase en liña e uns días antes remitirémosvos un recordatorio xunto coa ligazón que teredes que usar para poder conectar.
Saúdos
CONCESION AXUDA IGUALDADE
Estimados socios e socias,
Temos boas novas, acábanos de ser comunicada a concesión da Subvención de Igualdade da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
No voso correo podedes ver a memoria presentada coas actividades previstas así como o plan de adaptación ao Covid-19. Temos moita ilusión en poder levalas a cabo á volta das vacacións.
Que pasedes un bo verán!
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
A Xunta Directiva da Anpa As Brañas convoca a todolos socios á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o vindeiro xoves 26 de setembro. A reunión comezará ás 20.00 horas [máis]
CONCESIÓN AXUDAS 2017 (en 2019)
Concesión de axudas do Concello para o exercicio 2017
Actividades extraescolares
No menú das actividades extraescolares pódese consultar o regulamento para a recollida e entrega dos alumnos e a listaxe.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Coincidindo co inicio do novo curso escolar, a Xunta Directiva da Anpa As Brañas quere convocar a todos os socios á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o vindeiro xoves 14
de setembro. A reunión comezará ás 20.00 horas [máis]
Información da matrícula e portas abertas no menú de Actividades Extraescolares.
Listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto e de libros complementarios
Alta ou renovación
A Xunta Directiva da Anpa “As Brañas” de Ventín dáche a benvida neste novo curso 2017/18.
Máis información preme aquí